viernes, 23 de enero de 2009

A PEDRA DE FACER SOPA

A PEDRA DE FACER SOPA



Este era un soldado que volvía da guerra. Chegou a unha aldea, un día de frío adoecido, vento fungón e ceo nubrado. Traguía fame. Detívose diante dunha casa e pediu algo para comer.
-Non temos cousa algunha, nin siquera para nós- dixéronlle-. E o soldado seguiu o seu camiño.
Detívose noutra casa e pediu un codecho de pan.
-Non temos pan nin para nós- volvéronlle a dicir.
-¿Tedes unha pota grande?- preguntou o soldado.
-Si, temos un peto de ferro.
-¿Tedes un pouco da auga?- seguiu preguntando.
-Pois si, auga hai abondo.
-Enchede de auga o pote e poñédeo ó lume-dixo o soldado-, pois eu teño unha pedra para facer sopa.
-¿Unha pedra para facer sopa?-preguntaron-. ¿Qué é eso?
-Pois é unha pedra coa que se fai sopa-explicou.
Todos se puxeron ó seu redor para ver tal marabilla.
A dona da casa encheu o pote de auga e púxoo ó lume, sobor dunhas trepias. O soldado sacou unha pedra do peto, unha pedra que tiña semellanza con calquera pedra que un pode atopar nun camiño, e botouna dentro do pote.
-Agora, deixádea que ferva-dixo. De maneira que todos se sentaron a agradar que a auga fervese-. ¿Podedes darme un chisco de sal?-engadiu.
-Pois si-dixo a muller, e sacou o sal dun cacharriño de lata. O soldado colleu unha manda e botouna dentro do pote. Todos seguían agardando.
-Unhas poucas zanahorias non lle virían mal a esta sopa-dixo o soldado con certa nostalxia.
-Ouh, se é por eso, temos algunhas- dixo a muller, e sacándoas de debaixo do alzadeiro, onde xa o soldado as vira, entregoullas. E as zanahorias foron axiña para dentro do pote. Mentres fervían, o soldado botouse a contarlles a sua aventura.
-Unhas patacas viríanlle ben,¿non lles parece?-dixo o soldado-. Daríanlle un bo tento.
-Temos algunhas patacas-dixo a filla maior da familia.
De xeito que as depenaron, botáronas no pote e seguiron agardando que todo aquello fervese.
-Unha cebola, se a houbese...-segiu dicindo o soldado.
-Corre á casa do noso veciño e pídelle unha cebola- ordenoulle o home da casa á filla máis nova.
A rapaza foi, e hubo cebola.
Sentados darredor do lume, puxéronse todos a contar historias.
-... e non probeí repolo dende que saín da casa da miña nai-dicía o soldado.
-Corre á horta e arrinca un repolo-dixo a dona da casa. E un rapaciño saiu a todo dar e voltou cun repolo que se lle engadiu ó caldo.
-Xa non tardará moito-exclamou o soldado, lambendo o bico.
-Somentes un pouquiño máis-dixo a muller, mentres remexía cunha garfela.
Nesa, chegou o fillo maior da familia. Saíra de caza e viña con dous coellos.
-¡Xusto o que precisamos para lle dar o toque derradeiro!-dixo o soldado. E en pouco tempo estiveron os coellos esfolados, cortados nen anacos e metidos no pote.
-¡Ouh, que bo ulido ten esta sopa!-dixo o cazador.
-É que o viaxeiro trouxo unha pedra e con ela está arranxando esta sopa-acraroulle o pai.
Por fin a sopa quedou cociñada, foi servida e todos quedaron coa barriga satisfeita.
-É unha sopa maravillosa-dixo o home da casa.
-É unha pedra de moito valer-dixo a súa muller.
-Así é-apuxo o soldado- e sempre sairá así se facedes o que vos fun indicando hoxe.
Cando remaaron a sopa, o soldado despediuse. Para pagar a hospitalidade, regaloulle a pedra á dona da casa. A muller agradeceulle moito.
-Non é nada-dixo o soldado, e foise daquela casa e da aldea sen a súa pedra.
Pero tivo a sorte de atopar outra un pouco antes de chegar á seguinte aldea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario